Partida Rol por web

O LOBO DA GENTE

Portada

Datos de la partida

O LOBO DA GENTE

 

Directores: Germám rugido
Reglamento: Aventuras y Misterios
Sistema: Rol por web
Jugadores: 7
Nivel requerido: Novato: no hace falta ni conocer el juego
Ritmo de juego: Alto: un mensaje diario al menos
Fecha de comienzo: 15/03/2020
Estado: Suspendida

Introducción

AVENTURA PRIVADA 

O sucedido que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as persoas que andaron na historia, porque tampouco non hai tanto tempo que pasou: haberá coma cincuenta ou sesenta anos. Mais entre aquel tempo e o noso hai moita máis distancia que a que eses sesenta anos representan: hai toda a que poñen a soberbia e a pseudo cultura.

Dígoo porque agora que andan os sabios esbesullándose para esculcaren unha chea de feitos desta clase, o vulgo letrado das vilas non quere dar creto a estas historias por máis que llo aseguren persoas asisadas e verdadeiras. Eu teño para min que os antigos sabían disto moito máis do que nós podemos sospeitar tan sequera, e que moito do que sabían os antigos aínda o sabe o vulgo iletrado das aldeas.

Mais imos ao conto.

Era polo castañar. O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan escuro que era noite pouco despois de jantar. Ía un tempo coma de día de defuntos, e a tristura do mes das ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por toda a banda.
O Ángel andaba nun souto, onda o río da Cabalar. Era nativo de Sobrado e aínda non chegara ás quintas. Tiña o cabelo claro, os ollos azuís, as meixelas roxas. Tiña un gran peito e brazos fortes, e era coraxoso e valente. Estaba termando dun sequieiro e saíra nunha escampada a apañar folla no souto.

Non sei que ten a natureza nestas encañadas fondas onde o sol entra pouco, que semella que se recolle en si mesma e fica calada, embora muda e todo, estea falando decote a todos os sensos do home... O souto onde andaba o Ángel era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban gamóns, estraloques, póutegas e chouparros, floradas terras húmidas... Os soutos teñen un cheiro de seu. O cheiro dos soutos é un cheiro especial, e non é o da amenta acochada non sei onde, nin do fiollo, nin das escornacabras; eu coido que é a sombra dos castiñeiros a que cheira
a fresco, cheira a silenzo encalmado... É un silenzo onde se oen caer as follas secas, como hai un mes se oían caer os ourizos regañados...

As chancas do Ángel, ao triparen esmagando as follas cobrizas e douradas, molladas no chan, facían un ruído apagado. Andaba juntando as follas ás moreas para estercar de que estiveran curadas. Un veciño pasou aló enriba pola verea, e berroulle dende o valado:

—Ai Ángel, seica estás a secar as castañas?
—Estou.
—Pois recóllete pronto e atranca ben, non che vaia vir o lobo da gente.

 

VICENTE RISCO. "O LOBO DA GENTE".

 

Sinopsis

Aventura em galego/português ambientada na Galiza rural do século XVIII-XIX, a partir do conto de Vicente Risco "O LOBO DA GENTE".

Notas sobre la partida

AVENTURA PRIVADA

A GENTE FALA

Para irmos falando...

No hay mensajes

CASAS VELHAS

CENA FECHADA

No lugar de Casas Velhas a gente está alterada polos últimos rumores. 

Conta-se que alguns nenos dos que iam co gado ao monte desapareceram. Um caminhante aparecera meio comido no caminho real. Ao pouco, aconteceu-lhe igual a uma costureira que andava a coser polas aldeias... Depois, um criado da casa da Mata. Un meninho deitado no rolo, diante da porta da casa, un día de sol, desaparecera tambem... 

A GENTE DO LOBO: Depois do tempo dos heróis

Depois da luita heróica, a aldeia fai-se cargo dos seus mortos.

CENA PRIVADA DUARTE

Cena privada de Duarte

Arthur Mc Mardigan

Cena pessoal de Arthur Mc Mardigan

Pedro o Pintassilgo

Cena pessoal de Pedro o Pintassilgo.

Jam

Cena pessoal de Jam

Oana Askaria

Cena pessoal de Maria Askaria.

Senhora Ermelinda

Cena pessoal da Senhora Ermelinda.